Begonte, 12 de novembro, 2023. Como consecuencia do impacto, unha persoa tivo que recibir asistencia médica e varios exemplares acabaron mortos
O accidente tivo lugar na LU-541, á altura do punto quilométrico 6, ao paso por Trobo, no concello lucense de Begonte: un turismo bateu contra catro cabalos que interceptaron na vía.
A información sobre este sinistro chegou ao 112 Galicia contra as 2:20 horas desta madrugada a través da chamada de alerta dunha persoa particular. Durante a comunicación cos xestores de emerxencia, informaba que malia que os dous ocupantes do vehículo podían abandonalo polos seus propios medios, un deles presentaba lesións na cabeza, o que implicaba a necesidade de atención sanitaria.
Co fin de prestar apoio aos implicados e efectuar as labores de limpeza da vía, desde o 112 púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES de Friol-Palas, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).