Nota de Prensa
O LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DE TEMPO LIBRE QUE ORGANIZA O CIM. HABERÁ MANUALIDADES, BORDADO E BOLILLOS, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR NEVES CANDO.
Burela, 24 de setembro de 2010. O vindeiro luns 27 de setembro ábrese o prazo de inscrición nos cursos de tempo libre que organiza o CIM para a tempada 2010/11, segundo ven de informar a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Neves Cando.
A edil nacionalista subliñou que “como en anos anteriores ofrecemos ás mulleres censadas no noso concello cursos de manualidades, bordado e bolillos. Para inscribirse poderán pasarse polo Centro de Información ás Mulleres do luns 27 de setembro ata o 8 de outubro en horario de mañá de oito e media a tres”.
Neves Cando dixo que “na semana seguinte a rematar o prazo de inscrición, o 13 de outubro ás 6 da tarde faremos a xuntanza para repartir os turnos e os obradoiros comezarán o 18 de outubro”.