José María Fernández ve fundamental este entendemento xa que a recuperación dos lumes que afectaron a Trabada “chegará antes se imos todos na mesma dirección” xa que neste eido temos un obxectivo común
Trabada, 3 de novembro de 2023. O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, destaca o “construtivo” da xuntanza que mantivo onte coa alcaldesa do municipio, Mayra García, xa que ambas partes concorreron a este encontro cun obxectivo común: “a pronta recuperación da afectación do lume en Trabada”.
José María Fernández tamén aproveita para agradecer á Mayra García que aceptase a proposta de reunirse para “buscar puntos de encontro e así traballar conxuntamente pola recuperación de Trabada”.
Neste senso, o voceiro popular explica que “acordamos ir conxuntamente ás xuntanzas cos afectados e estar ambos ao tanto das peticións que se realicen as administracións para acadar a recuperación do municipio”. “Considero que manter un diálogo permanente neste eido é o mellor para os veciños de Trabada”, explicou.
José María Fernández agradece o encontro mantido coa alcaldesa, pero pensa que debería terse realizado antes, non só como voceiro do Grupo Municipal Popular, se non como un dos veciños afectados.
O voceiro popular afirma que sempre estará aberto ao diálogo e manterá unha postura propositiva “xa que sempre estiven e estarei ao servizo de Trabada para mellorar todo aquelo que sexa necesario e, neste caso, estou disposto dende o primeiro intre a buscar solucións unha vez sufocado o lume; non para pedirlle explicacións das actuacións duns e doutros porque todos sufrimos polo lume”.
E xa que pon en dúbida a miña actuación persoal nos días dos incendios e que os veciños e veciñas xa coñecen de primeira man, especialmente tódolos presentes; permítame que lla aclare a vostede que ten a pouca sensibilidade e empatía de negar a miña implicación a pesar de saber que fun un dos afectados.
Neste senso, José María Fernández ve necesario mellorar moitos aspectos de Trabada pero “non quero facer leña da árbore caída, se non que o meu propósito e o de todos os que formamos parte do Partido Popular é colaborar en todo aquelo que sexa necesario para garantir a mellora do municipio e que todos os servizos están en perfectas condicións para empregalos cando sexa necesario”.
De feito, eu mesmo e os meus compañeiros colaboramos en todo o que puidemos cos servizos de extinción e puxemos a disposición todos os nosos medios para poder loitar contra o lume.
Por último, José María Fernández indica que seguirá a defender os intereses dos veciños de Trabada, como poden ser as axudas da PAC para tódolos gandeiros e gandeiras.