Nota de Prensa
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA OS NENOS DOS CEIP DE SAN COSME E DE SAN MIGUEL. TAMÉN HABERA CINE EN INGLÉS PARA TODA A FAMILIA E CURSOS PARA PAIS E NAIS E PARA OS INMIGRANTES.
Barreiros, 23 de setembro de 2010. O Concello de Barreiros organiza actividades extraescolares baixo a denominación de Ábrete sésamo para os nenos dos CEIP de San Cosme e de San Miguel durante o curso que se acaba de iniciar. As primeiras comezarán en outubro.
Neste primeiro trimestre haberá para os alumnos de educación infantil e primaria actividades como playing, creador e sempre xogando. Para toda a familia terá lugar os días 5 de novembro e 3 de decembro cine en inglés, será de 20 a 22 horas no salón de actos do centro social Manuel Díaz Sampedro. Para pais e nais hai previsto un curso de iniciación ao inglés que terá lugar os días 9, 16, 23 e 30 de novembro de 10 a 11:45 horas tamén no centro social, ao igual que Galegueando, un curso dirixido ás familias inmigrantes. Éste será de 19 a 21 horas os días 19 e 26 de outubro, 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro e 7 e 14 de decembro.
Éstas son algunhas das actividades previstas para o primeiro trimestre do curso, despois haberá moitas máis que se irán presentando ao longo do ano.