Óscar Rodríguez explica que tomou unha decisión “meditada e razoada” pensando en que “se aveciñan tempos importantes no ámbito político e o noso partido debe estar perfectamente engranado para obter os mellores resultados”
Viveiro, 21 de outubro de 2023. Óscar Rodríguez vén de presentar a súa renuncia como presidente do PP de Viveiro, “unha decisión meditada e razoada”. O popular explica que “se aveciñan tempos importantes no ámbito político e o noso partido debe estar perfectamente engranado para obter os mellores resultados”. Nese sentido, agradece o apoio e amosa a súa vontade de colaboración: “en min sempre teredes un amigo”.
Tras ter coñecemento da súa decisión, o Partido Popular da provincia de Lugo traslada o seu “recoñecemento e agradecemento” ao traballo de Óscar Rodríguez “centrado no mellor para Viveiro e os viveirenses”. Así mesmo, agradecen tamén a confianza dos veciños por “converter a nosa formación política na máis votada tanto nas eleccións municipais coma nas xerais”.
O PP anunciar que convocará o congreso en Viveiro antes do Nadal para que a formación local renove os seus órganos de dirección. A través do cónclave, os afiliados e afiliadas elixan á persoa que pasará a ocupar a presidencia do PP de Viveiro.