Os técnicos da Xunta verificaron recentemente que a recondución das augas residuais tratadas nas instalacións cara á rede de saneamento municipal permitiron a emenda do vertido irregulares nese punto
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello de Ribadeo.
Esta achega irregular foi localizada no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, no ámbito da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.
Os técnicos da Xunta identificaron un punto de vertido das augas residuais industriais tratadas nunhas instalación situadas na parroquia de San Xoán de Piñeira, con posterior infiltración ao terreo en condicións inadecuadas.
Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de evitar achegas contaminantes.
Os responsables da empresa procederon á recondución das augas residuais tratadas nas instalacións cara á rede de saneamento municipal quedando o punto de vertido irregular eliminado, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.