Mondoñedo, 19 de outubro de 2023. A Asociación ‘Abrindo Camiño’ ten o pracer de convidar a todas as persoas interesadas a asistir ao acto de presentación do libro de actas das Extra XVI Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’. Homenaxe a Andrea López Chao (que tiveron lugar o pasado verán en Mondoñedo e Vilalba). O programa vaise desenvolver o próximo domingo, 22 de outubro de 2023, a partir das 11:00h no Auditorio ‘Pascual Veiga’ de Mondoñedo (dentro das actividades programadas polas Feiras e Festas das San Lucas 2023)
O acto de presentación das actas destas xornadas, que nesta ocasión se dedicaron a homenaxear á mestra mindoniense e pioneira do feminismo en Cuba, Andrea López Chao, desenvolveranse conforme ao seguinte programa:
11.00h.-Acto de presentación das actas que, ademais de seren impresas en papel, terán unha versión dixital para facilitar a súa difusión a calquera parte de mundo. Contan co patrocinio da área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística -vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Intervirán:
Manuel Otero Legide, alcalde de Mondoñedo
J. Luis Fernández Ansedes, presidente da Asociación Abrindo Camiño
Isidro Cillero Prieto, presidente da Liga Santaballesa.
Marta Rouco Seoane, alcaldesa de Vilalba.
Antonio Reigosa Carreiras, cronista oficial de Mondoñedo.
Daniel M. Vázquez Vila, coordinador do libro de actas.
Iria Castro Fernández, deputada delegada da área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo.
Actividades complementarias:
-Concerto didáctico homenaxe a Andrea López Chao. Troupelear con Branca Villares e Pablo Pintor (Programa xunt@s polo serán 2023, patrocinado pola vicepresidencia da Deputación de Lugo).
-Proxección do teaser do documental “Andrea López Chao. O poder de educar”, a cargo da súa directora, Violeta Ramos Valdés, xornalista e cineasta galego-cubana.
12:30h.-Percorrido simbólico por Mondoñedo pasando pola casa natal de Andrea López Chao. Rematará no Parque da Lembranza, no Cemiterio Vello.
13:00h.-Ofrenda floral e lectura do manifesto homenaxe ás e aos emigrantes e países de acollida. Conmemoración do centenario da publicación “Do Noso Lar”, editada en Bos Aires pola Sociedade Mondoñedo y Distritos en 1923. Participan neste acto:
Elena Candia López, deputada autonómica e vicepresidenta do Parlamento Galego.
Pilar Cagiao Vila, académica correspondente da Academia de la Historia de Cuba e representante do Consello da Cultura Galega.
Xosé María García Palmeiro, xornalista e presidente de APECSA
Todas as actividades son de acceso libre e gratuíto.
Convidamos aos mindonienses e cidadanía en xeral a participar nestes actos para homenaxear á nosa destacada conveciña, Andrea López Chao.
Entregarase aos asistentes un exemplar do monográfico ‘Mondoñedo na Memoria’ dedicado a Andrea López Chao e patrocinado polo Concello de Mondoñedo.