A Mariña, 18 de outubro de 2023. Mariña Patrimonio está a organizar unha visita polo patrimonio do concello de Castroverde para o vindeiro sábado 28 de outubro. Nesta saída está previsto visitarmos, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme. Se queda tempo antes do xantar, achegariamonos ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, faremos un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso.
A data límite para se apuntar remata o martes 24. O itinerario do autobús vai ser, probablemente, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.
As persoas interesadas en participar nesta actividade cómpre que o comuniquen o antes posible para facilitar a organización da mesma, tendo en conta que hai un límite de prazas e terán prioridade as persoas que antes o comuniquen. Para anotarse enviarase un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar. Cando se teña a lista de participantes, concretarase o antes posible o itinerario, paradas e horario do bus así coma o número de conta no que será preciso ingresar o custo da actividade.
Para consultar o custo da actividade, consultar nesta ligazón: http://mrpatrimonio.blogspot.com/