Gloria Magide López vive na Residencia San Bartolomeu de Xove. É natural de Vilagocende, na Fonsagrada, moi coñecida pola Seimeira, un salto de auga de 50 metros de caída vertical. Viviu a meirande parte da súa vida en Lugo. No aniversario, Gloria estivo acompañada por un dos seus fillos, o outro non puido vir dado que reside nas Canarias. O Concello agasallouna cun ramo de flores, que o alcalde, Demetrio Salgueiro, lle entregou na Residencia.
Xove suma unha nova centenaria
Xove suma unha nova centenaria
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo