Foz, 16 de outubro, 2023. As dúas vindeiras semanas o cine é o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presenta a programación completa na que poderase gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais haberá dous filmes para as/os máis pequenas/os.
Mércores, xoves e venres ás 20h para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil. A entrada é de balde.