Nota de prensa:
A Asociación Folclórico-Cultural desprazouse esta fin de semana a Magallón (Zaragoza) para participar como grupo invitado nas festas patronais desa localidade. A viaxe enmarcouse dentro do intercambio que estableceu a Subela co Grupo Música y Folclore de Magallón que actuou este verán no XI Festival Aires de Masma. A Subela acudiu a esta cita co grupo de maiores e medianos, sendo esta a primeira vez que a asociación visita terras aragonesas.
A Asociación levou un agasallo do Concello de Foz como agradecemento ao Pobo de Magallón pola participación dunha das súas asociacións máis señeras nas Festas do Carme deste ano.