Durante a fin de semana houbo charla, visita guiada, baños colectivos na praia do Cargadoiro, xantar campestre, baile, música e monicreques, espectáculo de narración oral e circo. “Todo co obxectivo de recuperar tradicións perdidas e para desestacionalizar o turismo”, subliñou o alcalde, Dani Vega. Por outra banda, as nenas e os nenos foron os protagonistas do Mercado dos Domingos. Participaron nunha xincana e gozaron dunha fantástica mañá dominical arredor dos produtos da horta ribadense. A xornada estivo amenizada pola actuación do vivairense Joni Ramos.