A parella gañadora foi a formada por Carmucha e Basilio, o segundo posto foi para Isabel e Alfredo e o terceiro para Delfraco e López. Desde o Concello felicitan aos gañadores aos que animan a seguir practicando este xogo tradicional. E desde o Club Petanca aseguran que seguirán a promocionar este deporte con novos torneos e fan unha chamada á veciñanza para que se achegue a pasalo ben.