Lourenzá, 15 de setembro de 2023. O cartel da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro, é obra do artista mariñán Hipólito Xeada. Na presentación acompañaron ao pintor a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Nos próximos días presentarase a programación do evento, que terá unha dedicatoria especial a Francisco Fernández del Riego, xa que se relerá o pregón que deu no ano 1998, na voz de Xulio Leal, actor do grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza do Concello de Moeche como invitado institucional nesta edición.