Adestrador da base e de porteiros do CD Burela FS dende 2016, Míchel continúa no club esta próxima tempada.
Burela, 13 de setembro, 2023. Miguel Ángel Couceiro Sánchez, Míchel, de 54 anos e natural de Viveiro, continúa unha tempada máis no club de fútbol sala CD Burela FS. Será adestrador dos equipos alevíns A e B das Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS á vez que adestrador asistente do equipo senior do club, o Pescados Rubén Burela FS.
Míchel empeza xogando ao fútbol no Viveiro CF na infancia e adolescencia, estuda INEF e pasa a xogar a fútbol sala no Cefire de Burela ata o seu ascenso a División de Prata, que dexia ao equipo. No 2016 comeza a adestrar equipos da base do CD Burela FS ata o día de hoxe, aínda que tamén foi adestrador de porteiros dende o 2018 ata a tempada pasada, tamén nos equipos senior, masculino e feminino, do Pescados Rubén Burela FS.