NOTA DE PRENSA:
A Peña Bacelonista San Miguel retrocede na historia.
A Peña Bacelonista San Miguel, prepara para celebra-la sua 13ª temporada, a edición dunha camiseta histórica.
Trátase dunha réplica da camiseta usada polo FC Barcelona nos anos 1.920, a que vistían xogadores emblemáticos com Samitier ou Paulino Alcántara.
Trátase dunha camiseta en algodón, a franxas azuis e granates, de manga longa e cordóns no cuello. Nela insertarase o escudo da peña bordado en alta calidade, ó que tamén se lle fai retroceder no tempo cunha pequena adaptación feita polo socio David Rivas.
O prezo da mesma será de 40,00 € e se algún afeccionado está interesada nela, pode consultar ou encargala no telefono 649 57 13 60.
A peña segue traballando, facendo actividades e pequenos detalles coma esta camiseta día a día, fomentando o barcelonismo na zona e dando a oportunidade a todo-los barcelonistas da zona a unirse á sua familia e participar nas viaxes e actividades que celebran.
Falando de viaxes, para esta temporada están programadas as seguintes, Pamplona, os días 4-5-6 de decembro, A Coruña, 9 de xaneiro de 2.011 e Xixón, 13 de febreiro de 2.011. Ademáis o 18 de decembro celebrarán a cea de Nadal e a finais de maio ou primeiros de xuño a cea de remate de temporada.
As persoas que desexen información sobre a peña, poden dirixirse ó tfno, 649 57 13 60.
A Peña Barcelonista San Miguel prepara a edición dunha camiseta histórica