A Mariña, 16 de agosto, 2023. O Cuarteto Quiroga, Premio Nacional de Música e un dos mellores cuartetos da súa xeración, ofrecerá dous concertos o día 16 de agosto na décima edición do ‘Festival Bal y Gay’ con todas as entradas esgotadas. A terceira presenza do grupo no festival terá lugar na Basílica de San Martiño de Foz, exitoso escenario das dúas actuacións anteriores (2020, 2022) e un dos espazos máis emblemáticos do evento. Tras vender as entradas para o seu único concerto inicial ás 20:30 horas, programouse un pase previo ás 18:00 horas. Aitor Hevia (violín), Cibrán Sierra (violín), Josep Puchades (viola) e Helena Poggio (violoncelo) foron eloxiados por The New York Times polas súas “exquisitas e frescas interpretacións”. Resalta a súa personalidade única, así como o seu enfoque audaz e orixinal. Interpretarán obras de Mozart, Bartók e Mendelssohn. A súa visita ao festival nos últimos anos converteuse nunha tradición e será o preludio do seu 20 aniversario, que se celebrará durante a tempada 2023-2024.
Dobre concerto no ‘Festival Bal y Gay’ do admirado cuarteto Quiroga, este mércores en Foz
Dobre concerto no ‘Festival Bal y Gay’ do admirado cuarteto Quiroga, este mércores en Foz
Relacionado
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Foz programa polo 25N unha exposición, unha concentración, un contacontos, unha representación teatral e unha charla
-
O helicóptero Pesca-II rescata a un home ao quedar illado nunha rocha en Foz