Burela, 14 de agosto de 2023. O Concello de Burela organiza os próximos días 23 e 24 de agosto o campionato infantil e xuvenil 3×3 de fútbol, unha das actividades deportivas programadas para o verán.
Celebrarase na praza da Mariña e, se é necesario por mal tempo, trasladarase ao Pavillón dos Castros. Haberá competicións nas categorías sub 10, sub 12, sub 14, e sub 16, tanto masculino, como feminino ou mixtos.
O presentación do campionato correu a cargo de Mario Pillado, concelleiro de Xuventude; Carlos Méndez, concelleiro de Deportes, e Ivan Cao, técnico municipal de deportes.
“Unha das citas máis esperadas do verán, animamos a toda a mocidade a participar no campionato, nun ambiente festivo e de cordialidade”, asegura Mario Pillado, mentres que Carlos Méndez destacou “a importancia de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables durante todo o ano, tamén no verán”.
Os partidos comezarán ás 20:00 horas e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de 9 a 13 horas (982 581 141).