Burela, 8 de agosto, 2023. A OPP Porto de Burela realizará este xoves o acto de promoción e divulgación de ‘PESCADA D& BURELA’ coa participación de Martín Berasategui, asesor gastronómico da marca e cociñeiro español con maior recoñecemento nacional e internacional, con 12 Estrelas Michelín e 12 Soles Repsol
Durante a xornada realizarase unha visita con autoridades ás 8:30h á lonxa de Burela para asistir en directo á parte final dunha poxa de pescada do pincho. Tamén se visitará un buque palangreiro atracado no porto para coñecer a pesqueira do palangre de fondo.
E finalmente celebrarase un acto público ás 11:00h no salón de actos de Armadores de Burela, no que se fará unha presentación das principais campañas de promoción realizadas nos últimos anos desde o Porto de Burela.
Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, e inclúese no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.