Ambos repasaron, xunto coa subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, os investimentos do Goberno no municipio mariñán e as iniciativas locais para os vindeiros meses. Durante a reunión, o delegado trasladou á rexedora a solución do Goberno ao proxecto de desafección de terreos de dominio público marítimo terrestre e cesión da titularidade a favor do Concello de Viveiro. Concretamente, son 18.000 metros cadrados de varias parcelas afectadas por deslindes aprobados nos anos 1996, 1997 e 1999 e que están situadas xunto ao paseo marítimo, entre elas a explanada da variante.