Fernando L. Pedre en representación do partido Socialista de Xove aclara o seguinte:
1. Este partido pega os carteis de publicidade nos poucos paneis que están colocados en Xove, nos que practicamente estaban ocupados polos dous partidos azuis que deben crer que son os que teñen todos os dereitos en Xove.Dado que hai cantitade de núcleos de poboación onde non hai paneis para publicidade,pegamos carteis para informar a todos e todas as veciñas de Xove.E que non se preocupen que sabemos pegar e despegar.
2. Di Don Carlos,que foron eles os da iniciativa de poñer paneis para publicidade aló polo 2011, pois eu teño que dicirlle que ou a iniciativa era moi cortiña ou ten un profundo descoñecemento do concello de Xove, xa que hai unha gran cantidade de núcleos de poboación que non hai paneis para colocar publicidade.Podo indicarlle uns cantos a modo de información: Urb. Palmeiro con máis de un 50% da poboación da Rigueira, Loureiro, Gondar e Vilariño na parroquia de Monte, Villalpol na de Portocelo, Esteiro na de xuances etc….
Dicirlle a este Sr. do partido azul,que Xove chega dende o faro de Roncadoira a Cruz do Pau da Vella e dende a Medela a a Canteira e dentro disto hai un bo número de veciños que teñen todo o dereito a ser informados, xa que parece que para os azuis Xove solo é o Centro Civico e a Avda. Da Diputación, claro como vive fóra de Xove igual perdeu a orientación.
3. Paréceme lamentábel ver como alguén que presume de esquerdas me ameacen e pretenda coartar a liberdade de información, eu que nacín na ditadura xa vivín esa etapa, polo que me produce tremenda tristeza este tipo de actitudes que pensei que xa están superadas.E teño un lema que morrerei con el “prefiro morrer de pé que vivir sempre arrodillado”.
4. A este partido socialista sempre o encontrarán para loitar polas liberdades, nunca para coartalas, tamén para loitar por mellorar Xove non para aproveitarnos de Xove, vexo que parece que algún non superou os resultados das eleccións municipais, pero así é a vida unhas veces se gaña e outras se perde.É tan importante saber gañar como saber perder, e nestas situacións é onde se ven os talantes e as actitudes, xa o dicía un amigo meu , “Se queres saber como é unha persoa dálle un carguiño”.
E xa como reflexión final nós seremos respectuosos con todos/as pero tamén pedimos respecto.
Fdo.Fernando L. Pedre PSdG-PSOE de Xove