Parece ser que hai unha formación política que non sabe que non se pode poñer publicidade electoral en sitios que non están habilitados para tal fin. Os sitios onde se pode poñer propaganda están regulados pola Xunta Electoral de Zona, e no Concello de Xove, están ben delimitados grazas a unha proposta presentada polo BNG que foi aprobada en Pleno polos 3 partidos políticos que formaban o Consistorio, en outubro de 2011.
É unha norma adecuada aos tempos, para facer de Xove un municipio moderno, para que non quede os recunchos do concello cheo de cartaces coas caras dos candidatos durante meses (ou incluso anos), unha norma que incide no ornato e nos valores medioambientais.
Pois ben, un dos tres partidos con representación na corporación xovense, o colorado, non está a facer caso da norma, colocando cartaces indiscriminadamente en portas de garaxe, en torres de alta tensión, debaixo das pontes ou mesmo nos dolos de Morás.
Nas eleccións locais… Fomos permisivos por aquilo de: igual non o saben, igual non lles deu tempo a informarse, igual non caeron na conta de que as outras formación só colocaban carteis nos paneis habilitados… Deixamos pasar o tema, pero xa nestas, nas xerais que están ao caer, tiveron tempo para informarse se quixeran facelo.
Parece ser que non quixeron, e en Xove, no partido colorado, hai algún que outro veterano da política que debería saber como funcionan estas cousas.
Agardamos que nas vindeiras eleccións, sexan cales sexan, non se repita tal pegada de cartaces, senón, o que nos vai quedar, é facer unha denuncia á Xunta Electoral.
Carlos Fernandez Louzao, responsable local do BNG de Xove