Lugo, 19 de xullo de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, replica que “o PSOE soe criticar o que fan habitualmente os seus cargos institucionais”, pero é que ademais neste caso tratase dun acto propio organizado por Galicia Calidade no que se outorgaba un certificado de calidade a unha empresa.
Arias sinalou que na Xunta xa estamos acostumados ás faltas de respecto institucional da Deputación de Lugo e algúns concellos socialistas, no que se dá gran protagonismo aos seus candidatos, relegando ou non invitando a cargos da Xunta así como a outros alcaldes do Partido Popular nos seus propios concellos.
Arias tamén recordou que foron varias as visitas a concellos socialistas que estando convidados os seus alcaldes non apareceron no acto.
“Ao tempo que o PSOE critica ao delegado da Xunta utiliza a Deputación e concellos socialistas como plataforma electoral” afirmou.