O concello de Cervo presentou en San Cibrao as Escolas Deportivas Municipais que inician a actividade o día 14
Nota de Prensa
MAÑÁ DAN COMEZO AS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA A PRESENTE TEMPADA 2010-2011
* Onte tivo lugar a presentación oficial das modalidades que se impartirán
* As Escolas Deportivas do Concello de Cervo é unha iniciativa posta en marcha no ano 2007 polo Goberno local co obxecto de fomentar a práctica do deporte entre os cervenses de tódalas idades
Cervo, 14 de setembro de 2010.- Medio cento de persoas de tódalas idades asistiron onte ao auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao á presentación oficial da tempada 2010/2011 das Escolas Deportivas Municipais de Cervo.
O acto -no que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares e os concelleiros Rubén Fernández (Deportes), e Pilar Armada (Asuntos Sociais); ademais dun responsable da empresa encargada da organización destas escolas deportivas- serviu para solventar tódalas dúbidas dos interesados en participar nesta tempada das Escolas Deportivas, así como as posibles modificacións en horarios, instalacións, etc…
Os responsables municipais subliñaron na presentación a aposta do Goberno local por fomentar o deporte “non só para os máis pequenos, senón para todos os veciños en xeral” e afirmaron que ao igual que nas pasadas edicións, as actividades desta tempada foron programadas en base ás suxestións dos propios interesados “porque a nosa intención é que o maior número de persoas se anime a facer deporte e por iso non escatimaremos esforzos para que as Escolas Deportivas sigan funcionando tan ben como o levan facendo nestes últimos anos” sinalaron.
As especialidades deportivas que se impartirán na presente tempada nas Escolas Deportivas son as seguintes:
o Para nenos e nenas (de 0 a 15 anos):
– Xogolandia (nenos e nenas de 3 e 4 anos)
– Baloncesto (Feminino e Masculino)
– Fútbol Sala (Feminino e Masculino)
– Patinaxe artística
– Ximnasia Rítmica
– Aeróbic
– Tenis
o Para adultos (a partir de 16 anos):
– Ximnasia de Mantemento
– Aeróbic
– Pilates
Poderán participar todos os alumn@s nad@s entre os anos 2005-1995 (ambos inclusive). Os alumnos nodos nos anos 2006 e 2007 poderán participar na actividade de Xogolandia. O resto dos alumnos só poderán participar nos actividades de adultos.
A presente tempada dará comezo mañá mércores, 15 de setembro, e rematará o venres 27 de maio, día no que se celebrará a Clausura das EDM Cervo.
As cuotas de inscrición para as actividades non sufren variación respecto ás da tempada pasada e serán as seguintes:
o 12,54 €/mes para os nen@s empadroados no Concello.
o 18,81 €/mes para os nen@s NON empadroodos no Concello.
o 15,68 €/mes para os adult@s empadroados no Concello.
o 20,90 €/mes para os adultos NON empadroados no Concello.
o Familias numerosas: 8.36 €/mes por nen@, (entregar xustificante coa ficha de inscrición).
o 50% de desconto o partir do segundo irmán matriculado menor de 18 anos.
As fichas de inscrición para participar estarán dispoñibles no Concello de Cervo, na Casa da Cultura, nos Colexios, no Instituto Marqués de Sargadelos e tamén ao monitor correspondente.
Aquelas persoas que desexen causar baixa nas EDM Cervo deberán presentar por escrito no rexistro do Concello a correspondente solicitude que alí se lle proporcionará. A devandita solicitude deberá realizarse antes do último día laborable do mes en curso. A baixa terá efecto no mes natural seguinte á data na que se presenta o escrito.
En tódalas actividades existe un número máximo de prazas que aseguren o correcto funcionamento dos grupos, así como un número mínimo para poder levalas a cabo.
Todos os nenas e nenos que se apunten nas actividade de baloncesto deben entregar dúas fotos xunto coa ficha de inscrición. (Obrigatorio para poder participar na competición escolar).
Por formar parte dos EDM Cervo poderás participar en tódalas modalidades deportivas que desexes (tendo en conta a túa idade, sexo, dispoñibilidade horario ou organizativa das EDM). As Escolas Deportivas Municipais de Cervo proporcionarán ao inicio da tempada a tódolos inscritos a indumentaria das Escolas Deportivos: Chándal e camiseta, que será recollido ó remate da tempada.
Os rapaces que formen parte destas escolas poderán ter a oportunidade de participar nos campionatos correspondentes ás actividades impartidas, así como en diversos torneos comarcais, provinciais. Ademais poderán participar tamén en xornadas de convivencia con outras Escolas Deportivas da A Mariña Lucense e farán unha serie de viaxes programados para practicar patinaxe sobre xeo e para presenciar encontros do Baloncesto Breogán e do Burela FS. Así mesmo esta previsto realizar unha excursión de Excursión de sendeirismo para alumnos e pais/nais.