Nota de Prensa
DAVID MARIÑA AFRONTA A SÚA SÉTIMA TEMPADA COMO FISIOTERAPEUTA DO BURELA FS
Acompañado polo presidente do CD Burela FS, José Ramón González Casas, e o vicepresidente Manuel Blanco, o focego David Mariña formalizou a renovación como fisioterapeuta da entidade laranxa na que será a súa sétima tempada co equipo masculino.
Diplomado en Fisioterapia pola Universidade de León, David Mariña obtivo recentemente o certificado oficial de Osteopatía, da Escola de Madrid; tamén é titulado en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela e está especializado en Terapia Manipulativa Articular e Fisioterapia Deportiva polas universidades da Coruña e Vigo respectivamente.
O fisioterapeuta e osteópata confesou a súa satisfacción por continuar vencellado ao club co que comezou a súa traxectoria laboral. Pola súa banda, José Ramón González e Manuel Blanco coincidiron en salientar “a profesionalidade e experiencia do mozo terapeuta no ámbito deportivo e a súa inestimable contribución no coidado dos xogadores”.