Nunha semana, do 10 ao 16 de xullo, percorrerán 700 quilómetros e pasarán por tres das catro provincias galegas (Lugo, A Coruña e Pontevedra)
A Coruña, 11 de xullo, 2023. É a segunda xornada dunha das principais actividades turísticas no mundo do caravaning en España: o VII Roteiro Camiño de Santiago de Yakart.
A comitiva formada por 58 caravanas percorreu a costa galega, sumando 140 quilómetros ao
roteiro. En total desde o luns completáronse 266 km en dúas etapas (Lugo-Reinante, 126 km; e Reinante-Valdoviño, 140 km).
Os participantes puideron gozar dun precioso roteiro por puntos senlleiros da Mariña
Lucense como Xove, Burela ou Viveiro. Un día máis o tempo acompañou e o día estivo
marcado por ceos azuis. A chegada a Valdoviño está prevista para as 13:30 da tarde, xa que o tráfico foi cargado en zonas como Viveiro, debido ao aumento de actividade no municipio dada a época estival na que nos atopamos.
Polo demais, foi un roteiro tranquilo e sen incidencias. Pola tarde espérase unha
xornada veraniega en Valdoviño. Polo que se poderá gozar ao máximo das súas fermosas
praias. Tamén haberá oportunidade para descubrir a zona da lagoa da Frouxeira, Faro
Punta Frouxeira, os Túneles Militares ou o Banco de Meirás. Terminado o día farase noite
nas inmediacións da cafetería Clandestino, alí haberá un baile para todos os
participantes do roteiro.
Mañá mércores 12 de xullo iniciarase a terceira etapa do roteiro Valdoviño-A Coruña. Será un percorrido curto de 70 quilómetros. Aos que hai que sumar os 266 percorridos o
luns e o martes.
Etapas da roteiro
● Luns 10 de xullo. (Lugo-Reinante: 126 km). Partida desde o centro Yakart Autocaravanas situado en Lugo. Roteiro pola costa lucense con parada en Ribadeo e na Praia das Catedrais.
● Martes 11 de xullo (Reinante-Praia de Valdoviño: 140 km). Viaxe na estrada ata a costa de Ferrolterra. Parada na praia de Valdoviño con grandes vistas.
● Mércores 12 de xullo (Valdoviño- A Coruña: 70 km). Chegada á Coruña. Haberá unha visita ao Museo de Automoción de Clásicos de Automoción da Coruña. Farase noite no propio aparcadoiro da Torre de Hércules.
● Xoves 13 de xullo (A Coruña-Mondariz: 210 km). Roteiro pola costa galega ata o Balneario de Mondariz, en Pontevedra. Tras un día de relaxación cunha sesión de spa, celebrarase unha cea moi especial con baile incluído no asombroso Salón Real do Balneario.
● Venres 14 de xullo (Mondariz-Cambados: 92km). Visita a Cambados para gozar da gastronomía galega cunha visita incluída polas bateas do Grove, ademais dunha mariscada e baile no propio barco.
● Sábado 15 e Domingo 16 (Cambados- Santiago de Compostela: 66km).Chegada a Santiago de Compostela e fin de semana visitando a cidade.