Unha das citas centrais das celebracións será a representación do gran desembarco de Carlos V na praia de Covas, que terá lugar este venres 7 de xullo ás 20:00 horas
Viveiro, 5 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro celebra unha vez máis a súa tradicional feira renacentista. O evento comezará mañá, xoves día 6 de xullo, e rematará este domingo, 9 de xullo.
Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con decenas de actividades cada día. O Concello anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.
“Outra cita importante de verán en Viveiro, da que disfrutan milleiros de persoas”, afirma a alcaldesa, María Loureiro, que destaca “o impacto positivo na hostalería e o comercio local”.
Entre as actividades que se celebrarán destaca a representación do gran desembarco de Carlos V, que terá lugar o venres día 7 ás 20:00 na praia de Covas.
Haberá tamén numerosos postos de comida, obradoiros, e tamén un tío vivo e unha cama elástica ubicados na praza da Igrexa, entre outras moitas actividades.