Mondoñedo, 3 de xullo, 2023. A celebración en Mondoñedo das XVI Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño” impulsou a inauguración do Centro de Interpretación de Fabríca Electricista Mindoniense (1893-1906) na área Recreativa “A Fervenza” de Viloalle – Mondoñedo.
O programa, que incluíu unha homenaxe á mestra mindoniense Andrea López Chao (1874-1954) polo seu exemplar traballo pedagóxico e asistencial desenvolto en Cuba desde 1904, notablemente na sociedade “Fillas de Galicia” para a atención e acollida das mulleres galegas emigrantes, que ata ese momento carecían deses servizos.
A inauguración do Centro de Interpretación de Fabríca Electricista foi presidida polo Bispo da Diocese, Monseñor Fernando García Cadiñanos; a vicepresidenta do parlamento galego e excaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o actual alcalde Manuel Otero Legide.
As xornadas celebráronse entre o 30 de xuño e o 2 de xullo en Mondoñedo e Santaballa (Vilalba).
Ademais das mesas de debate e divulgación sobre o camiño de Santiago e a emigración galega, o programa incluíu a colocación dun panel informativo na futura rúa “Casas Novas de Andrea López Chao” acto que presidiu Valentín García Gómez, secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a bisnieta da homenaxeada, Patricia Arés Muzio, que viaxou expresamente desde a Habana.