Este curso asistiron un total de 30 veciños/as
Cervo, 27 de xuño de 2023. O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do taller de memoria programado pola delegación de Servizos Sociais e que se imparte nos locais sociais das diferentes parroquias do municipio.
O rexedora, Dolores García Caramés, e a concelleira Pilar Armada, participaron no acto de entrega de diplomas ás 30 persoas asistentes ao curso.
Caramés apuntou que “o taller de memoria cumpre xa trece edicións no noso concello polo que é unha actividade máis que consolidada dentro da programación lúdico-educativa que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria e potencian as relacións interpersoais”.
Caramés e Armada quixeron ter un agradecemento especial con Elisabet Peña, que é a técnico encargada de desprazarse polos diferentes locais sociais impartindo eses obradoiros; e que tanto tempo lle adica aos nosos maiores; e tamén emprazaron ás persoas usuarias a participar na vindeira edición do taller de memoria, agardando, así mesmo, que se sumen á actividade, aqueles veciños que aínda non o fixeron.