Ribadeo, 14 de xuño de 2023. Preto de 50 equipos participarán no XVIII Torneo de Fútbol Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo, que se celebrará os días 17 e 18 de xuño.
44 equipos procedentes de Galicia, Asturias e Cantabria disputarán o torneo alevín e 5 equipos de Asturias e Galicia o miniprebenxamín. Desde a organización subliñan que “das 18 edicións que levamos é o ano no que se dan cita máis clubs de alevíns”.
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.