A arranxo do derrubamento de parte da calzada da estrada de Nois a Moucide leva varios meses pendente
* Os populares acusan de desidia á Deputación e ó Concello de Foz e alertan do risco de que esta circunstancia provoque algún accidente
Foz, a 9 de setembro de 2010.- A deixadez da Deputación na mantemento e conservación da rede viarias provincial é unha constante, incluso naqueles casos nos que esa desidia pon en perigo a integridade dos conductores que circulan por elas. É o caso da estrada CP 2007, entre Nois e Moucide, que a altura da localidade de Cordido está derrubada dende hai varios meses sin que a administración provincial fixera nada para solventar o problema e sin que o concello de Foz apremiara á administración provincial a facelo.
Os concelleiros populares José Manuel Lasanta e Pedro Fernández, xunto co deputado provincial José María González Barcia, constataron hoxe in situ a perigosidade do derrubamento, que está sinalizado únicamente cunha cinta. O risco de que se produza un accidente neste punto vese incrementado, ademais de pola propia estreitez da estrada, polo feito de que as cunetas están sin debrozar polo que visibilidade é prácticamente nula.
Barcia indicou a este último respecto que a Deputación debería facer un control máis exhaustivo sobre o cumplimento por parte dos concellos dos convenios suscritos para o desbroce das estradas. Nesta vía provincial é palpable a diferencia existente entre o tramo que discurre polo termo municipal de Foz, no que aínda non se actuou, e o de O Valadouro, que está perfectamente limpo.