Burela, 3 de xuño, 2023. Este sábado tivo lugar o primeiro encontro da Fínal dos Playoff polo Ascenso a Primeira Federación de Futsal Masculino no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela, no que se enfrontaron os dous finalistas Pescados Rubén Burela FS – Family Cash Alzira cun resultado final que se resolveu a penaltis (3)2 – 2(4). Nun encontro dominado polo Pescados Rubén a maior parte do xogo, coa posesión de balón durante practicamente os 40 minutos e numerosísimas ocasións para os Pícaros, a portería rival parecía ter un resorte xigante no seu interior, con 3 balóns ao pau, algunha fóra e un grandísimo papel dos porteiros rivais, que fixeron unha parte cada un con moitos balóns salvados durante todo o xogo. Pero mellor papel aínda de o equipo laranxa que, a pesar do resultado, fixeron un grandísimo partido e mereceron máis.
Na primeira parte comeza forte o Burela cun gol de Nando no minuto 1, o xogador malagueño vírase na frontal e remata co 1-0 que pon avantaxa ao conxunto burelense. Pero no minuto 2 Carlitos empata o encontro. Tras varias oportunidades claras que non conseguen atravesar a liña do gardameta rival, unha de David Pazos que detén Porky, outra de Nando e tamén Lucho. Chega o descanso co marcador 1-1.
No segundo tempo entra Serra, porteiro suplente do Alzira e o segundo gol do Alzira no minuto 22, cun tanto de Castejón. Tras numerosísimas ocasións de todos os xogadores do equipo local, 13 minutos de frustración na bancada pero nunca decaendo o empeño e calidade nin da afección nin dos xogadores, chega o gol do empate nunha xogada individual de Eloy que dispara e pérdese na rede. Remata o encontro 2-2 no marcador e unha prórroga na que o Burela puido marcar tamén un ou dous goles pero non conseguiu finalizar con xeito. Nos penaltis comeza lanzando Naranjo que co 0-1, continúa Nando 1-1, Rubi 1-2, Eloy 2-2, Carlitos 2-3, David Pazos 3-3, Sena 4-3 e por último Isma que dá no pau, quedando o marcador final (3)2 – 2(4).
Unha pena xa que ben puido ser moito máis avultado para o hoxe desatinado Burela FS, pero sempre coa esperanza posta en Alzira no que o conxunto de David Rial o dará todo, a pesar das dúas baixas, Rikelme e Pitero, que por suposto se están notando considerablemente, pero que non van impedir que o equipo se entregue a provocar un terceiro partido en Vista Alegre, ocasión perfecta para celebrar un ascenso a Primeira División.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Family Cash Alzira
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Isma, Nando, David Pazos, Eloy -cinco inicial-, Nito, Lucho (C), Alberto, Antón Arnejo, Bruno (P).
Family Cash Alzira: Porky (P), Carlitos, Peiró, Castejón, Javi Sena -cinco inicial-, Joan, Rubi, Parreño, Pedro, Naranjo, Palacín, Gabri Pastor, Gustavão, Serra (P).
Goles: Min.1 Nando 1-0; min.2 Carlitos 1-1; min.22 Castejón 1-2; min.37 Eloy 2-2.
– Penaltis: Naranjo 0-1; Nando 1-1; Rubi 1-2; Eloy 2-2; Carlitos 2-3; David Pazos 3-3; Sena 3-4.
Equipo Arbitral: Jesús Almeida León, Raúl Santana Santana, Eva López Seijas.
TA: Min.10 David Pazos, min.10 Javier Couce (médico Burela FS), min.11 Peiró, min.12 M. Kaluza, min.13 Fernando Gorriz Cavallero (preparador físico Alzira), min.17 Pedro, min.19 Eloy, min.37 Isma, min.37 David Rial (entrenador Burela FS).