Lugo, 23 de maio de 2023.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu hoxe a benvida aos secretarios e secretarias municipais da provincia que participaron esta mañá na reunión técnica para coordinar o proceso electoral do vindeiro 28 de maio. Durante o encontro, que tivo lugar na sede da Axencia Tributaria de Lugo, Isabel Rodríguez aproveitou para agradecer o traballo dos secretarios dos 67 concellos da provincia, velando pola transparencia, obxectividade do proceso e o principio de igualdade. Así mesmo, recoñeceu o esforzo e interese que poñen os traballadores públicos da Subdelegación do Goberno na provincia para que a xornada electoral transcorra con total normalidade. Esta reunión enmárcase no plan de coordinación loxística que leva a cabo a Subdelegación para as próximas eleccións municipais.
Isabel Rodríguez agradece o traballo dos secretarios municipais da provincia por velar pola transparencia e obxectividade no proceso electoral do 28M
Isabel Rodríguez agradece o traballo dos secretarios municipais da provincia por velar pola transparencia e obxectividade no proceso electoral do 28M
Relacionado
-
O PP afea ao BNG que “todo o que teña que aportar en ano e medio de mandato sexa o cambio do escudo cando en Vilalba hai moitas deficiencias importantes sen resolver”
-
Tomé clausura en Lugo as III Xornadas de Vacún de Carne centradas na xestión das explotacións
-
O PP desminte a Tomé e afirma que o plan de mellora de estradas “non é ambicioso ao actuar só no 6% da rede viaria provincial”