Xove, 22 de maio, 2023. Pilar Vázquez, candidata á alcaldía polo BNG de Xove mostrou a súa repulsa ó que considera un acto vandálico que demostra unha ausencia total de valores democráticos. Durante a madrugada do sábado os carteis do BNG colocados nos taboleiros adicados a tal fin foron arrincados . A candidata considera curioso que estes tipo de feitos, actuando con nocturnidade e aleivosía, estanse a converter nun costume cada vez que hai unha cita coas urnas en Xove e non comprende como este tipo de feitos tan indecentes se poden permitir dende o Concello. Resulta curioso tamén que os carteis que sofren o dano son sempre os do BNG.
NON É A PRIMEIRA VEZ
Xa no 2019 Marco López, responsable local da formación nacionalista por aquel entón, presentou unha denuncia ante a Garda Civil por uns feitos de idéntica natureza e tamén tratándose de elección municipais.
Dende a corporación local esperan que os feitos non se volvan a repetir pois consideran este tipo de actos como un atentado á democracia e cren que deberían ser cualificados como delito, loxicamente.
A candidata recalcou que “aqueles que se lles enche a boca falando de democracia son os mesmos que non dubidan en faltar ao respecto a candidaturas legalmente constituídas e aos seus votantes”, e expresou que os feitos non van servir máis que para que se sigamos propoñendo ideas e ilusión de cara o compromiso electoral que decidirá o futuro de Xove para os próximos 4 anos.