Viveiro, 21 de maio, 2023. Míriam Bermúdez, a candidata á alcaldía polo BNG, quere facer realidade a proposta de peonalización da Praza de Lugo, “mais para iso hai que gobernar” asegurou contundentemente e incide en que “non vale con desexar que o BNG suba, hai que facelo realidade, cada voto conta nunhas eleccións electorais tan reñidas entre os 3 principais partidos”.
Míriam Bermúdez indica que a situación da praza de Lugo é un reflexo das “poucas ganas por gobernar” e é preciso cambiar o rol da Praza de Lugo, unha nova ordenación urbana que só traerá beneficios como a menor duración de vehículos na calzada, maior seguridade, menor estrés, maior comodidade, utilidade e uso.”
“Está clara a necesidade de planificación nos espazos públicos de Viveiro. A planificación urbana que só trae beneficios permitindo vivir nun ambiente máis reconfortábel e agradábel, un ambiente mellorado que revirte na calidade de vida da xente,” asegura Míriam Bermúdez.