O Bloque propón un novo rumbo para Fonsagrada apoiado nun proxecto que amose ambición e ilusión, e sobre todo, centrado no desenvolvemento das potencialidades do concello
A Fonsagrada, 19 de maio de 2023. O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada celebrou na vila, un acto público aberto no que se deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais, como o proxecto que a formación ten para este concello da Montaña de Lugo.
O acto contou con diversas intervencións, no que destacaron as de Olalla Rodil, deputada no Parlamento galego, Rosa Rego, candidato do BNG á alcaldía da Fonsagrada, e integrantes da candidatura.
Rosa Rego sinalou a capacidade do seu equipo ante estas eleccións “estou convencida que este gran equipo, unido, comprometido e con toda a ilusión que conforma a candidatura do BNG será quen poña a funcionar este concello, somos xente que só temos un obxectivo: traballar con ambición para facer revivir A Fonsagrada”.
Neste senso, o candidata do BNG subliñou “ante aqueles que están encallados no derrotismo e no conformismo, o BNG é a única alternativa para facer desenvolver A Fonsagrada” e subliñou “no BNG temos un proxecto centrado por e para as veciñas e darlle o lugar que merece este concello, polo que, imos desenvolver as grandes capacidades que ten e conformar un modelo de vida que sexa a referencia”.
Por outra banda, Rosa Rego destacou “este 28 de maio temos que empezar a escribir unha nova folla de ruta, poñer a funcionar A Fonsagrada con optimismo, alegría, e sobre todo, traballar por un futuro onde calquera veciña ou veciño poida facer un proxecto de vida sen renunciar nada”
Candidatura do BNG na Fonsagrada
01. Rosa Rego Murias
02.Manuel López Louxedo
03.María Amor Fernández Fernández
04.Brais Fernández Fernández
05.Laura Fernández Alonso
06.Ángel Gegunde Díaz
07.Adrián Méndez Fernández
08.María García Fernández
09.Mónica Fernández Fernández
10. José Domínguez Díaz
11. Áitor Rodríguez Villagarcía
Suplentes
María Bélida García López
Eva María Fernández Álvarez
Xosé María Campos González