Viveiro, 19 de maio de 2023. Os socialistas de Viveiro garanten a realización de diferentes actuacións de mellora das infraestruturas locais no próximo mandato.
“Hai tempo que se veñen realizando xestións para intentar mellorar diversas infraestructuras, e para isto tramitouse a desafectación de varios terreos pertencentes a Costas”, asegura María Loureiro, candidata socialista á reelección o 28 de maio.
“A obtención da titularidade destes terreos permitirá levar a cabo varias actuacións de gran relevancia para o Concello de Viveiro”, explica.
“Entre eles pode citarse a rotonda da Misericordia. Sobre esta actuación, dende o concello xa se ten realizado un estudo ou proposta coa pretensión de mellorar esta rotonda, tanto no que se refire ao tránsito rodado como ao peonil, para o que se pretende realizar un cambio na súa configuración e unha mellora dos servizos existentes”, asegura Loureiro.