Nota de Prensa
SUÁREZ BARCIA CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A DISFRUTAR DAS FESTAS PATRONAIS QUE CHEGAN AOS SEUS DÍAS MÁIS IMPORTANTES HOXE E MAÑÁ.
Ribadeo, 7 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida a veciños e visitantes a disfrutar das festas patronais que chegan aos seus días máis importantes hoxe e mañá.
O rexedor dixo que “nesta semana das festas da patrona coas que tradicionalmente rematamos o verán en Ribadeo, eu como alcalde quero convidar non só a todos veciños do noso pobo a que disfruten das festas, senón a todas aquelas persoas tanto da Mariña como do Occidente asturiano a que veñan a Ribadeo a ver os fogos do 7 e mañá a vivir o día grande e festivo que teremos aquí. Seguramente moitos asturianos se achegarán estes dous días porque tamén é festivo na comunidade veciña”.
Suárez Barcia envíales “un saúdo a todos os veciños e veciñas de Ribadeo para que compartan estes momentos de reencontro coas súas familias. E tamén aproveito para mandar un saúdo aos diferentes membros da Corporación Municipal de Ribadeo, tan plural e tan diversa, porque aínda que ás veces nos levemos un pouco mellor e ás veces un pouco peor a fin de contas todos somos representantes do mesmo pobo, todos nos debemos aos veciños. Para eles unha felicitación nestes días de festas, despois voltaremos ás nosas actividades lexítimas de traballo para conseguir entre todos un Ribadeo mellor”.