Organizado pola CIG-Ensino. Colaboración A Mesa e AS-PG, co patrocinio da Deputación de Lugo e o Concello de Lourenzá
Lugo, 11 de maio de 2023. Con Mekánika Rólling Band, gañadora do concurso Cantalingua, con Brais das Hortas e todas presentadas por Isabel Risco, Vilanova de Lourenzá homenaxeará mañá a Fernández del Riego cun Correlingua que se celebrará na localidade de nacemento. A carreira e o concerto farán a festa da lingua en Lourenzá, unha festa na que o alumnado do IES Illa de Sarón de Xove lerán o manifesto desta edición do Correlingua.
Horarios
10:45 Saúda de Isabel Risco e comezo do percorrido.
11:00 Actuación de Brais das Hortas para alumnado infantil.
11:50 Presentación de Isabel Risco e lectura do manifesto
12:00 Concerto Mekánika Rolling Band
12:45 Peche de Isabel Risco
CENTROS PARTICIPANTES
BURELA
IES Monte Castelo
IES Perdouro
CEIP plurilingüe Vista Alegre
RIBADEO
IES de Ribadeo Dionisia Gamallo
Sagrado Corazón de Jesús
Ceip. Plurilingüe Gregorio Sanz
FOZ
IES de Foz – Colexio Martínez Otero
XOVE
CEIP plurilingúe Pedro Caselles Roldán
IES Illa de Xarón
MONDOÑEDO
IES Plurilingüe San Rosendo
TRABADA
CEIP plurilingüe Celso Currás
CERVO
IES Marqués de Sargadelos
Ceip do Cervo
VIVEIRO
IES Vilar Ponte
BARREIROS
Ceip San Miguel de Reinante
LOURENZÁ
CEIP Juan Rey