O candidato á alcaldía polo PP de Burela, Manuel Rouco, puxo en valor “a calidade dos servizos da residencia de maiores da vila -unha das catro que xestiona de forma integral a Xunta na provincia de Lugo- e o inmellorable trato aos usuarios por parte do persoal do centro” durante a festa polo seu 30 aniversario. O popular explica que, precisamente, por eses motivos “é unha das máis demandadas da comarca” e lamenta que, “desgraciadamente, non conte coa colaboración do Concello para a realización de actividades como si sucedía no pasado con anteriores gobernos locais”.