NOTA DE PRENSA:
UNHA COPIA DA CINTA DE OS MORTOS VAN ÁS PRESAS XA ESTÁ EN RIBADEO. O DIRECTOR DE CINE ANGEL DE LA CRUZ ENTREGÓULLA HOXE AO ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 4 de setembro de 2010. O director de cine Angel De la Cruz fíxolle hoxe entrega ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dunha copia da bobina orixinal da película Os mortos van ás presas, rodada en Rinlo e noutros lugares do concello. De la Cruz explicou que o negativo consérvase nunhas condicións determinadas na filmoteca e as copias unha vez que son proxectadas vánse destruíndo. O director cinematográfico dixo que se quedou con varias copias e que tiña moita ilusión en que unha delas se conservase en Ribadeo para que estudosos e outras xeracións poidan disfrutar do que no seu día se filmou no concello.
Angel De la Cruz amosóuse tamén moi agradeceido por ter sido elexido para pregoar as festas patronais de Ribadeo no día de hoxe. E anunciou que o nome de Ribadeo tamén estará presente no traballo no que está a participar na actualidade. Trátase dunha película de animación tradicional para adultos que se está a realizar en Barcelona e Galicia centrada no alzheimer e un dos persoaxes de nome Miguel rememorá a súa infancia en Ribadeo e aludirá á Torre dos Moreno e á praia de As Catedrais. De la Cruz fíxolle entrega ao alcalde, Fernando Suárez, de tres exemplares do cómic Enrrugas no que se basea esta nova película.
O rexedor agradecéulle ao director de cine, no nome da Corporación Municipal, este novo detalle con Ribadeo, e lembrou que grazas a Os mortos van ás presas o nome de Ribadeo e de Rinlo percorreu moitos puntos da xeografía estatal e doutros países. O alcalde tamén lle deu as grazas por acudir a pregoar as festas patronais da vila e pedíulle a Angel De la Cruz que continúe lembrándose de Ribadeo sempre que lle sexa posible no seu traballo. Fernando Suárez entregoúlle a De la Cruz un agasallo, unha figura de cerámica que é unha réplica da Illa Pancha.