Non deixa de sorprenderme, a pesar de que ocorra desde fai tanto tempo, que o máximo representante do noso país váia a unha igrexa e lle dirixa un discurso a un ser mítico, todo serio e cheo de parafernalia.
Independentemente do que se diga ou pida no discurso, perde todo o seu valor ao dirixirse a un ser inexistente que só aparece en novelas escritas por antigos fanáticos relixiosos. Vou máis ala, aínda que existise tal persoa fai 2000 anos, tampouco tería ningún sentido o discurso dirixido “á pantasma”, en calquera caso é un exercicio de tolemia colectiva imperdoable nun país supostamente “ilustrado”.
Aínda máis, os xornais refiren ao feito con total normalidade, coma se que un xefe de estado váiase a lanzar discursos a seres imaxinarios non fose sorprendente. A xefes de estado que fixesen similares actos en países doutras relixións denominaríaselles “integristas” ou quizais “bárbaros” ou “atrasados”, ata “medievais”, pero que o noso fágao non merece ningunha opinión. Lese un o xornal e parece a lectura dun edicto medieval, só faltan as trompetas e os tambores: “o noso amado monarca falou co apóstolo, e o apóstolo axudaranos contra os infieis e as pragas do cereal…”.
Que comedura de tarro… bueno todo o anterior ven encol de esto: O Rei pediu , ante o Apóstolo Santiago, que se fomente todo o que une e fai máis fortes aos españois, todo o que asegura a solidariedade entre as autonomías e que fai de España a “gran familia unida, á vez que diversa e plural, da que nos sentimos orgullosos”. Don Juan Carlos, acompañado por Dona Sofía, realizou na catedral compostelá a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, un costume, que segundo recordou, mantén a Coroa desde 1643 e que o Rei fai en nome do país cada Ano Xubilar.
O monarca pediu ao Apóstolo que axude a España a resolver canto antes a “grave crise económica” e as súas “duras consecuencias para millóns de persoas e de familias”, particularmente para os mozos, e a erradicar “o despropósito da barbarie terrorista”.
“Pídoche que nos axudes a conservar e mellorar día a día o moito que conseguimos, así como a promover o diálogo e o consenso, a tolerancia e o respecto mutuo, o amor, a xustiza e a equidade para reforzar os alicerces da nosa convivencia e liberdade ao redor das regras e principios que nos quixemos dar”, sinalou don Juan Carlos, quen empregou o galego en parte da súa intervención.
E aquí paz e despois groria.
Otero Regal