“Un equipo comprometido con Viveiro, cunha proposta de xestión de goberno sólida para os nosos veciños e veciñas”, asegura María Loureiro, alcaldesa e candidata socialista
Viveiro, 29 de abril de 2023. Os socialistas de Viveiro presentan a candidatura coa que se presentan ás eleccións municipais do 28 de maio, liderada por María Loureiro, alcaldesa e candidata á reelección.
“Unha candidatura que combina a experiencia na xestión de goberno coa renovación, con caras novas que aportarán ilusión e outra visión das cousas”, explica Loureiro.
“Creo con honestidade que representamos a más seria e sólida proposta de goberno para os nosos veciños e veciñas”, engade a candidata socialista, que sostén que “toca traballar a diario como ata agora para consolidar o noso proxecto”.
Loureiro quere agradecer “o traballo dos oito concelleiros e concelleiras socialistas que estiveron no equipo de goberno desde 2019; nun mandato moi complicado pola pandemia e o contexto económico e social, fumos quen de dar pasos fundamentais para ter un novo PXOM, sacamos adiante moitas obras e as políticas sociais foron de novo prioritarias”.
“Co traballo feito nestes anos, Viveiro é ademais a referencia turística e do sector servizos da Mariña, pero aínda queda moito traballo por diante, loitando pola nosa vila e o conxunto da comarca”, explica.
“Temos unha candidatura paritaria coa presenza de persoas do casco urbano e as parroquias, todas elas moi preparadas para traballar por Viveiro”, apunta Loureiro.
A alcaldesa quixo facer unha mensión especial “a Jesús Fernández Cal, quero agardecerlle públicamente o seu traballo e implicación, é complicado facerse á idea de que xa non estará”.