Viveiro, 28 de abril, 2023. Os independentes de por Viveiro, renovan a metade da súa candidatura, que representa a gran parte do tecido social, deportivo, cultural e empresarial do Concello de Viveiro.
Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía declarou trala presentación “Estou orgulloso do noso equipo. Está formado por persoas de todos os ámbitos da vida social, cultural, deportiva e empresarial de Viveiro, con capacidade de xestión, e preparadas para asumir o Goberno Municipal a partir do vindeiro 28 de maio”
“Logo de 20 anos de goberno do PP e 20 anos de goberno do PSOE, é o momento do cambio para recuperar o tempo perdido e saír desta senda de decadencia na que estamos instalados”
“O 28 de maio, as nosas veciñas e veciños poden elixir entre as candidaturas dos partidos tradicionais, que nos levaron a actual situación, ou unha candidatura local, de veciñas e veciños comprometidos con Viveiro, libres, e dispostos a traballar sen descanso para que o noso Concello teña futuro”
CANDIDATURA COMPLETA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2023
1. BERNARDO FRAGA GALDO: Portavoz de Por Viveiro na actualidade. Arquitecto Técnico.
2. MANUEL GALDO DOPICO: Presidente de Promavi. Concelleiro na actualidade.
3. PAULA INSUA LÓPEZ: Polivalente de producción de Alcoa.
4. BERNARDO REGAL DOVALE: Mantenedor mecánico en Alcoa. Presidente de Comisión de Festas de Covas.
5. LUCÍA LÓPEZ PEREIRA: Licenciada en Socioloxía. Técnica Superior de Riscos Laborais.
6. ÓSCAR LARA GIL: Licenciado en Químicas. Enxeñeiro industrial de soldadura. Traballador de Alcoa. Membro do Comité de Empresa. Secretario da Escola de Rugby Asterix.
7. ROBERTO CRUZ DOPICO: Autónomo. Xardineiro.
8. TERESA MERCEDES GARCÍA MARTÍNEZ DE TEJADA: Deseñadora e empregada comercial.
9. MANUEL INSUA DÍAZ: Analista de laboratorio. Directivo da Comunidade de Montes de San Roque. Exfutbolista.
10. ELENA MARÍA LÓPEZ GALDO: Auxiliar de enfermería. Celadora.
11. JOSE LUIS MOÑITA MARTÍN: Autónomo.
12. GORETTI GONZÁLEZ OROL: Docente.
13. INDALECIO OROSA VÁZQUEZ: Mestre industrial. Electricista xubilado.
14. MARIA PAL: Hostaleira.
15. JOSE RAMÓN GONZÁLEZ LÓPEZ(MOLO): Secretario técnico en Alcoa.
16. JOSE LUIS FRAGA CASTIÑEIRAS: Empregado comercial
17. NOA PARDO RIVERA: Estudante de xeoloxía.
S1. ALBERTO PIGUEIRAS LEAL: Bombeiro de Aena. Secretario do Club de Piragüismo Viveiro.
S2. CARMEN SOTO RICOY: Ama de casa
S3. MARCO ANTONIO CHAO PALMEIRO: Pintor
S4. ALFREDO FERNÁNDEZ CASTRO: Patrón de pesca xubilado.
S5. EVA TRIGO SANJURJO: Gandeira xubilada.
S6. IVÁN CASTRO CORA: Condutor
S7. MARÍA JOSÉ LÓPEZ RODRÍGUEZ: Perruqueira.