O Concello ten aprobadas pola Xunta de Galicia máis horas ao mes das que presta na realidade, a pesar de haber 25 persoas á espera de que se lle asignes horas
O Valadouro, 28 de abril de 2023. O actual voceiro popular e candidato á alcaldía do Valadouro, José Manuel Lamela, ten por seguro que, se chega a acadar a confianza dos veciños e chegar á alcaldía, pedirá máis axudas á Xunta de Galicia en materia social ante a falta de xestión e ineficacia do goberno local. Lamela afea as políticas levadas a cabo neste eido polo alcalde, Edmundo Maseda, pois ao longo de todo o mandato distinguise pola súa insensibilidade ante os problemas sociais. Un exemplo desta falta de sensibilidade é que desde o Concello non se prestaron todas as horas que o Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) ten asignadas. Ante esta situación pedirán máis horas á administración autonómica, pero tamén lamentan que o propio goberno local non pedira estas horas xa que “a Xunta de Galicia as concedería, e non teríamos agora a 22 persoas en lista de espera agardando un servicio que é necesario para eles”.
O Concello, ata o momento, ten aprobadas pola Xunta de Galicia máis horas ao mes das que presta na realidade, a pesar de que hai 22 persoas á espera de que lle asignen as súas horas e tendo dispoñibles 130 horas para asignar. Unha situación que desde o grupo popular ven con preocupación pola falta de xestión do goberno local ante os problemas dos seus veciños.
Neste sentido, o candidato á alcaldía destaca que “é necesario conservar e manter os distintos servizos do municipio pero sobre todo naquilo que precisen os veciños e veciñas. Nós apostamos por un proxecto serio, centrado en mellorar a calidade de vida dos veciños e por iso parécenos lamentable o que está a acontecer coas horas do SAF.