O acto público, no que se presentará a lista, terá lugar ás 19:00 horas en Finca Galea e rematará cun aperitivo entre todos os asistentes
Alfoz, 28 de abril, 2023. A nova candidatura coa que VIA Alfoz presentarase ás eleccións locais do vindeiro 28 de maio, será presentada o vindeiro luns día 1 de maio ás 19:00 horas en Finca Galea, Alfoz. Dita candidatura “estará formada por unha lista paritaria, composta por oito mulleres e oito homes, acollendo a persoas de varias xeracións desde os 78 ata os 27 anos. A candidatura conta con seis caras novas representadas por Judit Casabella Pardeiro, Susana Díaz Gil, Pedro Luís Fernández Expósito, Iria Braña López, María José Prado Fernández e Yahel Rodríguez Rubal, que acompañarán a Efigenia Maseda Paz, candidata á alcaldía, aos membro da Dirección Executiva de VIA Alfoz, Eliseo Lorenzo García, Xabier Pardiñas Suárez, María Fernánda Casabella Méndez, José Luís Cascudo Cascudo, Carmen Dolores Geada Maseda, Francisco José Fernandez Fraga, Pablo José Maseda Rubal e Jordi Melián Pagés, ademais de Borja Vizoso Cora. Xunta tanto experiencia como xuventude, comparte continuidade e renovación e estácomposta, sobre todo, por xente que elixe mellorar Alfoz”, segundo indican desde a dirección de VIA Alfoz.
O acto, que é aberto a todo o público en xeral, comezará coa intervención de varios membros de VIA ALFOZ e coa presentación dos candidatos. A continuación compartirase un aperitivo entre os asistentes e os membros da candidatura.