“Apostamos por fomentar as actividades para a xente nova, recoñecer aos nosos estudantes e buscar a integración laboral nas empresas locais”, di Diego Rozas
Burela, 25 de abril de 2023. Diego Rozas aposta polo cambio en Burela e súmase ao proxecto do Partido Popular que encabeza Manuel Rouco “para intentar frear o declive que a nosa vila está a sufrir”.
O alcaldable popular, Manuel Rouco, destaca de Pacho, o nome co que se coñece popularmente, que “é un mozo de Burela de 34 anos que ten as ideas sumamente claras: sabe das dificultades que na actualidade entraña a situación que hai en Burela para os rapaces e rapazas da nosa vila. Por iso, se une ao proxecto do Partido Popular”.
Capaz e innovador, Diego Rozas aposta por “fomentar as actividades para a xente nova nas que todos podamos participar”, tamén engade que “hai que impulsar os nosos estudantes con recoñecementos e axudas” e “integración laboral para a xente nova a través das empresas locais e o comercio da vila”.