O envoltorio é moi importante. Se queremos vender calquera argallada inútil hai que poñerlle un envase ben grande e rechamante. Optaremos por el fronte a quen nos mostre o produto coas súas miserias. Farémonos moitas ilusión e quedaremos decepcionados cando o abramos e vexamos a realidade, pero xa será tarde; nós pedimos os cartos e o vendedor aproveitouse da nosa vaidade. Está é unha táctica comercial común que tamén utilizan os políticos porque saben que a paixón pode máis que a razón e o pecado máis que a virtude.
Ven isto a conto porque hai ano e medio prometéronos unha sanidade de primeira para Galicia e para a Mariña, envolvérmonola en moreas de imaxes idílicas e a maioría picou coma parvos, aínda sabendo que o mesmo vendedor estaba privatizando e degradando a sanidade noutras comunidades nas que gobernaba. Agora a realidade amósanos unha situación ben distinta.
No diario EL PAIS de onte (02/09/10) aparecía unha noticia que dicía que “El sistema sanitario gallego, entre los tres peores de España”. A información estaba baseada nunha clasificación elaborada pola “Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública”, a partir de 19 indicadores, entre os que non se atopa as listas de espera, porque o Ministerio ten un acordo coas Comunidades Autónomas de non publicitalas. Cousa que debera resultarnos intolerable aos cidadáns, pois que nos oculten o resultado da xestión que fan dos nosos impostos e, neste caso, da súa repercusión directa na nosa saúde social e particular, non é de recibo e deberamos esixir o noso dereito democrático á información.
Segundo este informe, as Comunidades con peor sistema sanitario son, por este orde, Valencia, Canarias, Galicia e Madrid, que, supoño que por pura casualidade, todas están gobernadas polo PP dende hai anos. Outro dato para analizarmos os galegos é que Galicia, con respecto ao estudo do ano pasado baixou catro postos, pasando da posición once á número quince.
Non vou buscar as causas nin facer análises persoais, porque calquera que chegase lendo ate aquí debe ter a suficiente capacidade critica para tirar el solo as conclusións. O máis fácil é que os responsables políticos lle boten a culta a outros políticos, incluso á oposición que non ten responsabilidades de goberno e os usuarios que lle botemos a culpa aos políticos que eliximos nós.
Soamente unha pequena reflexión para dicir que a responsabilidade é de todos, porque nas sociedades democráticas por acción ou omisión todos participamos na elección dos nosos representantes e incluso no modelo de partidos e de sistema representativo que temos. Así que agora só queda desexar que haxa saúde para todos que falta nos vai facer e, en caso de desgracia, facer acumulación de vaselina para ir tirando.
Emilio González Legaspi