Cervo, 12 de abril, 2023. A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, organizou este domingo, 09 de abril, a súa xa tradicional Pascua, festa que antano se celebraba por todo o alto no burgo e que dende este colectivo están a tratar de recuperar.
As actividades programadas para ese día comezaron ás 13.45 horas coa celebración da misa de resurrección na capela do lugar e tras rematar os asistentes puideron disfrutar dun xantar na carpa instalada no exterior do Local social.
Unha grande participación e o bo ambiente foron as notas predominantes dunha xornada que cumpriu amplamente as expectativas da Xunta Directiva.