Mondoñedo, 11 de abril, 2023. Este sábado, 15 de abril, celébrase unha Homenaxe a Cándido Carreiras (1º alcalde republicano de Mondoñedo). Será ás 12:00h no Pazo de Santomé
Intervirán: X. Ramón Veiga Alonso, historiador e profesor da USC: “Chegou, mais non para quedar. A II República na Galiza”; A. Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo, “Cándido Carreiras, un republicano pola liberdade do mundo”. O Coloquio estará moderado por Xusto Fernández Haro.
Ás 13:30h no cemiterio Vello: Inauguración do monumento (deseño de Caxigueiro) sufragado por subscrición popular. Aportacións na conta de Abanca: ES 23 2080 0125 8130 4002 1721. Intervirán: Xulio Rodríguez, Xose Luis Fernandez Rivera e Daniel Caxigueiro
Ás 14:30 celebrarase un Xantar de confraternidade na Casa da Penela (25 euros persoa). Reservas ata o xoves, 13 de abril: 683 148 757 (Xulio) 608 987 474 (Luis).